martes, 19 de febreiro de 2019

O que pretendo ser

Benvidos ao meu blog.


Son Fernando Castro, guitarrista e profesor de guitarra no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.



Fai tempo dinme conta que logo de anos de práctica, estudo e labor docente, recompilara unha gran cantidade de material didáctico ou sabía onde atopalo. Mais este material estaba moi disperso en diferentes fintes e normalmente nun idioma que non era o meu. Ademáis, co paso do tempo fun personalizando moitos dos recursos que encontraba e creando novo material para adaptalos ao meu estudo ou as miñas clases.

Pensei entón que era necesario encontrar unha forma de organizar todo este material didáctico e ese coñecemento para facelo rápidamente accesible, poder ordenalo e secuencialo, e conservar o traballo realizado.

Decidín que a mellor forma de facer isto era escribindo un blog que fose á vez un arquivo persoal, unha ferramenta para as miñas clases e unha fonte de material de aprendizaxe da guitarra en galego. Así, pretendo este blog sexa un xeito de ordenar os meus coñecementos e a miña práctica como músico, mais tamén agardo que sexa de utilidade para outros estudiantes e profesionais. Todos os comentarios e aportacións serán moi ben recibidas e, por suposto, agradezo que leas isto.


Saúdos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario