Os diagramas de acorde son a representación gráfica das posicións dos acordes sobre o diapasón da guitarra ou do baixo.
O diapasón representase mediante liñas verticais que son as cordas do instrumento, sendo a liña do extremo esquerdo a corda máis grave e a liña do extremo dereito a máis aguda. O número de liñas dependerá do instrumento para o que se destine cada diagrama concreto (6 liñas verticais para unha guitarra estandard ou un baixo de 6 cordas, 4 liñas para un baixo estandar, 7 liñas para unha guitarra de 7 cordas, etc.).
Estas liñas verticais están cruzadas por outras liñas horizontais que representan os trastes. O diapasón non se representa na súa totalidade, senón un fragmento do mesmo. A liña horizontal superior representa a pestana da guitarra ou, se vai acompañada dun número a súa dereita, o traste que ese número indica.
O punto onde os dedos da man esquerda deben pisar as cordas representanse mediante círculos sobre as liñas verticais (cordas) e entre as liñas horizontais (trastes). Unha liña horizontal cruzando as liñas verticais indica unha cella
As cordas que non son pisadas e poden tocarse ao aire porque son parte do acorde son sinaladas mediante un 0 sobre a liña horizontal superior, as que non poden ser tocadas indícanse cunha X.
O nome do acorde escríbese en cifrado americano sobre o diagrama.
Amosando publicacións coa etiqueta musica b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta musica b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 19 de xaneiro de 2020
martes, 19 de febreiro de 2019
O que pretendo ser
Benvidos ao meu blog.
Son Fernando Castro, guitarrista e profesor de guitarra no Conservatorio Profesional de Música da Coruña.
Fai tempo dinme conta que logo de anos de práctica, estudo e labor docente, recompilara unha gran cantidade de material didáctico ou sabía onde atopalo. Mais este material estaba moi disperso en diferentes fintes e normalmente nun idioma que non era o meu. Ademáis, co paso do tempo fun personalizando moitos dos recursos que encontraba e creando novo material para adaptalos ao meu estudo ou as miñas clases.
Pensei entón que era necesario encontrar unha forma de organizar todo este material didáctico e ese coñecemento para facelo rápidamente accesible, poder ordenalo e secuencialo, e conservar o traballo realizado.
Decidín que a mellor forma de facer isto era escribindo un blog que fose á vez un arquivo persoal, unha ferramenta para as miñas clases e unha fonte de material de aprendizaxe da guitarra en galego. Así, pretendo este blog sexa un xeito de ordenar os meus coñecementos e a miña práctica como músico, mais tamén agardo que sexa de utilidade para outros estudiantes e profesionais. Todos os comentarios e aportacións serán moi ben recibidas e, por suposto, agradezo que leas isto.
Saúdos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
