domingo, 19 de xaneiro de 2020

Diagramas de acorde

Os diagramas de acorde son a representación gráfica das posicións dos acordes sobre o diapasón da guitarra ou do baixo.
O diapasón representase mediante liñas verticais que son as cordas do instrumento, sendo a liña do extremo esquerdo a corda máis grave e a liña do extremo dereito a máis aguda. O número de liñas dependerá do instrumento para o que se destine cada diagrama concreto (6 liñas verticais para unha guitarra estandard ou un baixo de 6 cordas, 4 liñas para un baixo estandar, 7 liñas para unha guitarra de 7 cordas, etc.).
Estas liñas verticais están cruzadas por outras liñas horizontais que representan os trastes. O diapasón non se representa na súa totalidade, senón un fragmento do mesmo. A liña horizontal superior representa a pestana da guitarra ou, se vai acompañada dun número a súa dereita, o traste que ese número indica.


O punto onde os dedos da man esquerda deben pisar as cordas representanse mediante círculos sobre as liñas verticais (cordas) e entre as liñas horizontais (trastes). Unha liña horizontal cruzando as liñas verticais indica unha cella
As cordas que non son pisadas e poden tocarse ao aire porque son parte do acorde son sinaladas mediante un 0 sobre a liña horizontal superior, as que non poden ser tocadas indícanse cunha X.

O nome do acorde escríbese en cifrado americano sobre o diagrama.

Ningún comentario:

Publicar un comentario